G-Night (24 de setembro)
No ano do seu décimo aniversario, a Noite europea das persoas investigadoras (European Researchers’ Night) chega este 24 de setembro a Galicia coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, que se desenvolverá co lema Conciencias creativas.
-
A G-Night encherá as cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e Lugo de actividades de divulgación científica en lugares afastados dos laboratorios, como rúas, museos, praias e bares, nun ambiente festivo e co obxectivo de dar a coñecer o valor do traballo que desenvolven as científicas e científicos, así como a importancia desta actividade na sociedade.
As universidades de Santiago e A Coruña, o CESGA, a Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia e o Instituto de Investigacións Mariñas, o Centro Oceanográfico de Vigo (IEO-CSIC), Gradiant, ITMATI, INIBIC e SEBBM, integran o consorcio coordinado pola Universidade de Vigo, que desenvolverá a Noite galega das persoas investigadoras que, ademais de nas cidades galegas, se celebrará de xeito simultáneo en máis de 360 localidades de toda Europa. Máis información en www.gnight.gal
Como reservar entradas?
- Selecciona no calendario a hora da actividade que queres realizar.
- Poderás reservar ata un máximo de 4 prazas. Se necesitas máis podes facer outra reserva. A entrada é gratuíta.
- Na actividade poden participar conxuntamente persoas adultas e menores. Ten en conta as idades recomendadas en cada actividade. As nenas e os nenos non poderán estar sós durante a actividade.
- Finaliza a reserva enviando o rexistro. Recibirás o resgardo da reserva no correo electrónico que nos facilitaches. Deberás mostralo ao chegar á recepción do museo para realizar a actividade.
- Se necesitas máis prazas ou queres participar noutras actividades, realiza unha nova reserva.
- A actividade comezará no horario seleccionado, polo que se roga máxima puntualidade.
El período de preventa para este evento ha terminado.
24 de Septiembre de 2021
Añadir al Calendario